Axuda profesional para organización e xestión de proxectos rexenerativos, procesos educativos e eventos transformativos.
Anos de experiencia como coordinador en diferentes institucións e proxectos de permacultura a nivel nacional e internacional permítenme ofrecer servizos de deseño de contido e organización de programas educativos, creación de redes, loxística e difusión para formacións e eventos así como xerencia de campo para proxectos de ecoloxía e permacultura públicos ou privados.
Coñecer e manexar as redes de profesionais e outros recursos humanos así como as necesidades materiais e loxísticas para cada iniciativa, é clave á hora de levar a cabo as túas propostas da forma máis exitosa e sostible.
Proporcionareiche unha nova visión permacultural que multiplicará os recursos e ferramentas á túa disposición para alcanzar os obxectivos das túas iniciativas.
Ofrezo a través deste servizo a axuda que necesitas para a xestión das túas ciclos formativos, formacións específicas, eventos culturais e outras moitas propostas que queiras desenvolver desde unha perspectiva máis ecolóxica e consciente.
Traballos de deseño, planificación, contratación e xestión de programas educativos enfocados en diferentes ámbitos da ecoloxía, a permacultura e o ámbito ecosocial.
Xestión de actividades relacionadas coa aprendizaxe e a educación adaptadas a diferentes necesidades que poidan ter administracións públicas, centros educativos, entes privados, grupos e asociacións.
Planificación e coordinación de actividades, campañas e outras iniciativas impulsadas por organismos públicos e institucións que queira promover a ecoloxía e a permacultura no ámbito publico.
Xestión, mantemento e coordinación de espazos e centros demostrativos públicos enfocados na permacultura e o campo da sustentabilidade.
Axudas á organización de actividades e propostas permaculturales para eventos transformativos, como festivais, encontros, xornadas, retiros e procesos de voluntariado para iniciativas e proxectos de base sustentable.
Soluciones eco-responsables para abordar necesidades características de calquera evento pero desde unha mirada orgánica, humana e respectuosa coa contorna.