Desenvolvo durante máis de 10 anos unha intensa e comprometida experiencia práctica aplicando a permacultura en diversas biorexións de Chile, Arxentina, Bolivia, Colombia, Italia, Illas do Caribe, Marrocos, Portugal e España.
Convivo e colaboro nestes lugares con proxectos de ecoloxía, permacultura, ecoescolas, ecoaldeas, vilas en transición e comunidades locais, aprendendo a usar as estratexias da permacultura en infinidade de climas, chans, ecosistemas e contextos socio-culturais.
Sumo a esta experiencia un constante proceso de formación en deseño de permacultura, deseño de ecoaldeas, aprendizaxe transformativo, metodoloxías de proxectos e outros campos da ecoloxía e o deseño eco-social, en institucións como o Instituto Chileno de Permacultura, Gaia Education, Instituto Ná Lu´um ou Gaia University.
Centro actualmente a miña actividade profesional na difusión, a formación, o deseño e a implementación para proxectos de permacultura en diferentes rexións do territorio español, traballando para particulares, empresas, institucións e centros educativos.