traballos con drones

Que a árbore non che impida ver o bosque.

Con este servizo quero achegarche a posibilidade de ampliar a túa perspectiva desde o aire, pois a observación é un elemento crave no deseño permacultural.

Ter a posibilidade de realizar vistas aéreas sobre un territorio e a súa contorna converteuse nunha poderosa ferramenta para a realización de deseños a mediana e gran escala.

Estas observacións desde o alto permítennos percibir patróns e detalles aos que non poderiamos acceder desde o chan e que poden ser determinantes á hora de definir estratexias para os nosos proxectos.

Outras funcións esenciais das tomas aéreas son rexistrar impactantes imaxes de arquivo, imaxes sobre o antes e o despois de diferentes traballos realizados nos espazos, ou dispoñer de recursos visuais para dar cobertura e difusión á nosa actividade profesional.

Grazas a un equipo de profesionais, tamén ofrezo proxectos integrais de produción audiovisual para documentais e outras creacións con fins divulgativos ou publicitarios para proxectos sustentables.

Voos de recoñecemento

Voos de recoñecemento en áreas a pequena e gran escala, con captura e procesamento de imaxes para análises e avaliación de datos.

Estes voos e as imaxes obtidas permitiranche observar e coñecer calquera lugar desde unha perspectiva totalmente diferente, coa posibilidade de realizar voos a zonas de difícil acceso, planos xerais e planos detalle.

imaxes de arquivo

Realizo voos enfocados na captura de imaxes para arquivo sobre calquera tipo de territorio, proxecto, actividade ou evento que necesites gravar.

Captura en alta resolución e postprodución de vídeos e fotos en modo cinemático e voo FPV para cubrir as necesidades de difusión e promoción dos teus proxectos persoais e profesionais.

creación audiovisual

Planificación, dirección e creación de producións audiovisuais de carácter documental ou publicitario para proxectos públicos e privados, empresas e asociacións enfocadas no campo da sustentabilidade.

Gravación con equipos profesionais, iluminación, son, postprodución e edición para a creación de vídeos desde a idea ata a publicación.

Pica aquí se queres descargar as tarifas actualizadas para traballos con drons
Ou ponte en contacto comigo se necesitas un proxecto audiovisual personalizado

Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.